Inicio Carballo ao día Hemeroteca A organización do Festival Internacional...

O FIOT 2007 CELEBRARASE ENTRE O 13 DE OUTUBRO E O 1 DE NOVEMBRO

A organización do Festival Internacional Outono de Teatro ultima a programación da súa vindeira edición

Martes 11 de setembro do 2007

Como ven sendo habitual, e seguindo coa a liña de traballo de anteriores edicións, a Asociación Cultural Telón e Aparte intenta, por un lado, asegurar a presenza das compañías máis notables do actual panorama escenico español e, polo outro, manter a outras que xa visitaron anteriormente o festival e que acadaron

Unha das novidades desta edición é a presencia, por primeira vez no FIOT, -xa que en anteriores ocasións foi imposible a súa visita por cuestións de axustes de datas-, do Centro Dramático Galego, que presentará no marco deste festival, e como ben sendo habitual nos seus traballos, unha novidosa proposta. Quen non poderá visitar Carballo nesta ocasión, a pesar de ser a gañadora do Premio do Público na pasada edición, é a compañía vasca Tanttaka Teatroa que, por motivos profesionais, declinou a súa visita para outra edición.

A XVI edición do FIOT 2007 iniciarase o sábado 13 de outubro e rematará o xoves 1 de novembro.Unha cita consolidadaO Festival Internacional Outono de Teatro celébrase en Carballo dende o ano 1992. Está organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte, coa colaboración do Concello de Carballo, e ao longo das súas xa 16 edicións contou cunha intensa programación de espectáculos de compañías tanto galegas como do resto de España, ademais doutras actividades de dinamización teatral.

A súa posta en marcha respondeu á necesidade de cubrir un oco na programación teatral da provincia da Coruña, na que non abondaban os festivais de teatro, e tamén á de levar a cabo unha proposta capaz de impulsar a feble estrutura teatral da comarca de Bergantiños, ata ese momento carente dunha programación teatral estable.

Compartir: