Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Grumir atendeu 21 emerxencias durante o mes de...

BALANCE MENSUAL

O Grumir atendeu 21 emerxencias durante o mes de agosto

Venres 7 de setembro do 2007

No tocante ás emerxencias destacan en Carballo 6 por accidentes de tráfico e limpezas, ao que hai que sumar 1 saída por excarceración en Rus, 3 por incedios urbáns, 2 por búsqueda dunha persoa desparecida, 2 por limpezas de estradas, 1 por un incendio nun contenedor e 1 por accidente laboral.

En relación ao resto de intervencións realizadas polo Grupo Municipal de Intervención Rápida de Carballo durante o pasado mes de agosto, no que hai que sinalar que colaborou co Parque de Bombeiros en 8 ocasións, destacan as 7 intervencións relacionadas co medio ambiente (retirada de animais), 10 para o reparto de auga e 13 de servizos varios nas praias. Ademais, o Grupo Municipal de Intervención Rápida invertiu 23 actuacións en labores de mantemento dos equipos e da base.

Compartir: