Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobada a renovación dos convenios...

CONVENIOS DE COLABORACIÓN

Aprobada a renovación dos convenios deportivos do Concello co F.C. Bergantiños e coa Asociación Deportiva Xiria

Xoves 6 de setembro do 2007

O obxecto do convenio asinado coa Asociación Deportiva Xiria é o establecemento dun marco permanente de colaboración entre o Concello e esta entidade co fin de afianzar o desenvolvemento, dentro do seo asociativo, da actividade deportiva con proxección de futuro. O obxectivo final é potenciar e promocionar as diferentes especialidades que se desenvolven no seo desta entidade: baloncesto, balonmán, voleibol e xadrez.

Dese xeito, o Concello de Carballo, a través da súa Concellería de Deportes, pretende incentivar a perseverancia desa asociación por manter e mellorar os seus programas deportivos de cara á súa expansión e aos esforzos que esta realiza para incentivar a participación, dende a infancia, dos mozos/as carballeses/as no eido do deporte e para favorecer a presenza de equipos locais nas competicións oficiais, creando bases sólidas para o asentamento e o crecemento do sistema deportivo municipal.

Pola súa parte, a Asociación Deportiva Xiria ofrécelle ao Concello a súa experiencia e capacidade organizativa en toda a actividade relativa a escolas deportivas municipais e outras actividades que o Concello poida demandar no ámbito das especialidades deportivas desenvolvidas pola asociación.Colaboración do F.C. BergantiñosO obxecto do convenio que o Concello estableceu co F.C. Bergantiños é o de fomentar a práctica do fútbol entre a xuventude carballesa.

Preténdese deste xeito establecer unha colaboración na que o concello manterá o seu compromiso de mellorar os programas deportivos de cara á participación, dende a infancia, dos mozos/as carballeses/as no eido do deporte do fútbol e de favoreceer a presenza de equipos locais en competicións deportivas con coutros equipos, para contribuír á creación de cimentos sólidos no asentamento e crecemento do actual sistema deportivo municipal.

Compartir: