Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo iniciou o expediente para...

A XUNTA DE GOBERNO LOCAL TAMÉN APROBOU A CERTIFICACIÓN ÚLTIMA DA PRIMEIRA FASE DO PASEO DESTE RÍO

O Concello de Carballo iniciou o expediente para conseguir chan á beira do Anllóns

Martes 4 de setembro do 2007

O Concello de Carballo ten unha oferta para unha permuta urbanística que lle permitiría facerse cun terreo edificado situado á beira do Anllóns no casco urbano da vila, entre a ponte da Casilla e a ponte da Milagrosa. A intención do executivo local con esta medida é poder realizar unha permuta co propietario da mesma a cambio dalgún outro terreo de titularidade municipal situado no concello.

O obxectivo final desta actuación, á que a Xunta de Goberno Local lle deu luz verde na xornada de onte, é recuperar as ribeiras do río Anllóns. Nesta mesma liña de traballo tamén se aprobou nesta mesma sesión a certificación última da primeira fase do paseo do Anllóns.

Compartir: