Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Concellaría de Igualdade pon en marcha o...

OS NENOS E NENAS PODERÁN ENTRAR NOS CENTROS NOS QUE ESTUDAN A PARTIR DAS 7:30 HORAS DA MAÑÁ

A Concellaría de Igualdade pon en marcha o Programa Concilia a vindeira semana

Martes 4 de setembro do 2007

O Programa Concilia foi deseñado para responder ás necesidades familiares derivadas do desfase que existe, en numerosos casos, entre os horarios escolares e os laborais. Coa finalidade de que pais e nais poidan compatibilizar as súas obrigas familiares coas que esixe o seu traballo este servizo ofrece a posibilidade de poder deixar aos menores no centro no que están escolarizados dende as 7.30 horas da mañá. Alí, un grupo de monitores especializados encargarase da acollida, protección e vixilancia dos escolares, cubrindo as súas necesidades didácticas, de ocio, e mesmo coa posibilidade, voluntaria, de gozar dun servizo de almorzo equilibrado.Prazo abertoO prazo para participar no Programa Concilia segue aínda aberto para todas as persoas interesadas. As follas de inscrición para anotarse pódense recoller no Concello de Carballo, lugar onde se fará a propia inscrición e onde os interesados poderán informarse sobre as condicións e taxas do programa, estas últimas variables en función da situación económica de cada familia.

Para obter máis información a través desta páxina pódese consultar aquí a Ordenanza reguladora da prestación dos servizos contidos no Programa Concilia e dos seus prezos públicos.

Compartir: