Inicio Carballo ao día Hemeroteca A unidade móbil do Centro de...

CAMPAÑA DE DOAZÓN 2007

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará hoxe e mañá en Carballo

Luns 3 de setembro do 2007

O Concello de Carballo, Protección Civil e o Centro de Transfusión de Galicia fan un chamamento á participación de todos os/as veciños/as nas campañas de doazón de sangue para, deste xeito, garantir o correcto desenvolvemento do labor asistencial nos centros sanitarios galegos.

Os datos do Centro de Transfusión de Galiza sobre a participación dos carballeses e carballesas na última campaña de doazón realizada neste concello arroxaron un resultado moi positivo. O número de persoas que pasou pola unidade móbil que o Centro de Transfusión de Galiza desprazou a Carballo a comezos do mes de agosto supuxo un notable incremento ao respecto de campañas anteriores realizadas no concello, tanto no que se refería ao número total de doadores coma no de doantes que acudiron por primeira vez. Neste sentido, participaron nesta nova campaña un total de 135 persoas, 16 delas novas neste acto de solidariedade.

O Concello de Carballo desexa lembrarlle aos seus cidadáns e cidadás a importancia da doazón como un acto de solidariedade e compromiso social de primeira relevancia, sobre todo na tempada estival, cando á diminución xeral do número de doazóns lle hai que sumar o incremento dos accidentes de tráfico, coa conseguinte situación de escaseza de sangue.

Compartir: