Inicio Carballo ao día Hemeroteca O pavillón Vila de Noia acolle este xoves...

O ENCONTRO COMEZARÁ ÁS 2O:45 E A ENTRADA SERÁ DE BALDE

O pavillón Vila de Noia acolle este xoves un partido que enfrontará a dous grandes do baloncesto galego

Martes 21 de agosto do 2007

Neste encontro, correspondente á segunda xornada do grupo C (Leb) da XXII Copa Galicia de Baloncesto vanse enfrontar dous dos mellores representantes do baloncesto galego na procura dunha prazas en semifinais: o Basquet Coruña, da categoría Leb Bronce, contra o Club Ourense Baloncesto, da Leb Prata e campión da edición anterior deste trofeo. O partido, que se disputará no pavillón Vila de Noia, comezará ás 20:45 horas e a entrada será gratuíta.

Na presentación deste evento, que tivo lugar esta mañá na Casa do Concello, estiveron o director técnico do Basquet Coruña, Ignacio Rama; o presidente da sección de baloncesto da Agrupación Deportiva Xiria, Diego Vázquez; e o Concelleiro de Deportes, Marcos Trigo Facal. Este último agradeceu as facilidades postas polo Basquet Coruña e a colaboración do Basquet Xiria para que este encontro se celebre en Carballo.

Compartir: