Inicio Carballo ao día Hemeroteca Lorena Lores achéganos o ritmo do tango

CANTAUTORA GALEGO-ARXENTINA

Lorena Lores achéganos o ritmo do tango

Venres 17 de agosto do 2007

A partir das dez e media da noite e na praza do Concello, a artista etará acompañada por Artigas Anello ao bandoneón, Lucas Lluma ao piano, e Oscar Rodríguez ao contrabaixo. Lorena Lores interpretará os tangos máis famosos de Buenos Aires e Montevideo desde Cambalache ata Malevaje. Asimesmo, ilustrará as súas cancións unha parella de bailarís do Ballet Nacional Argentino formada por Marcos Gonzáles e Laura Díaz.

Na actualidade, Lorena Lores está a traballar e a presentar a súa última producción, Tango, coa que virá a Carballo e na que se nos invitará a realizar unha viaxe imaxinaria polo Río da Prata para amosarnos a súa cultura e tradicións. A actuación de Lorena Lores está patrocinada pola Fundación Caixa Galicia.

Esta artista iniciou a súa traxectoria profesional no ano 1990 e desde entón ten participado en numerosos progamas de televisión e actuacións en directo acompañando a artistas de renome. Desde 1998 comenza a súa andadura en solitario actuando en teatros de Arxentina e Uruguay. Pero será no ano 2000 cando comenza a realizar xiras por Galicia e España e en 2003 grava o seu primeiro traballo discográfico "Alecríns".

Compartir: