Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello organiza unha homenaxe aos nenos...

ACOLLIDA SOLIDARIA

O Concello organiza unha homenaxe aos nenos saharuís que pasaron o verán en Carballo

Xoves 16 de agosto do 2007

O Concello de Carballo apoia esta iniciativa e quere seguir mostrando a súa solidariedade e o seu apoio a un pobo, o saharuí, que actualmente padece unha situación inxusta na que os seus habitantes sofren a violación dos dereitos humanos, exilio forzado e condicións de vida extremas; situacións que se veñen repetindo desde a descolonización española.

Festival solidario

O Concello apoia o dereito dos saharauís a decidiren sobre o seu futoro e poderen voltar á súa terra. Precisamente, hai uns meses celebrouse un festival solidario no que estiveron presentes varios delegados da Fronte Polisaria, aos que se lles entregou o diñeiro recadado. Tamén houbo unha exposición na que se recreou unha haima (vivenda tradicional). Proximamente o Concello realizará diversas iniciativas de apoio a este pobo.

Compartir: