Inicio Carballo ao día Hemeroteca Unha nova Xunta de Goberno Local aproba...

CINCO PUNTOS DE ACTUACIÓN

Unha nova Xunta de Goberno Local aproba subvencións e melloras

Martes 7 de agosto do 2007

No que a subvencións se refire, a Xunta de Goberno Local de Carballo estableceu unhas bases para conceder subvencións a asociacións e entidades que desenvolvan accións no eido dos servizos sociais. Segundo o acordado, a convocatoria tén por obxecto regular o procedemento da concesión de subvencións en réxime de libre concorrencia para fomentar as actividades que no eido dos servizos sociais promovan asociacións e entidades sen animo de lucro que poidan ser consideradas de interese social para o concello de Carballo.

Resultarán beneficiarios destas axudas aquelas asociacións que teñan o seu domicilio social en Carballo, que realicen ademais actividades de interese municipal e se atopen debidamente inscirtas no rexitro de asociacións e no rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galiza. Ademais, son susceptíbeis de poder recibir as ditas subvencións as asociacións que, sen estar domiciliadas en Carballo, realicen actividades de interese municipal dentro do concello ou en beneficio deste.

Programas subvencionables

A xunta de goberno local acordou que as accións de servizos sociais puntuaios ou anuais dirixidas á comunidade, á familia, aos minusvalidos/as, á vellez, á muller, ás drogodependencias e ao alcoholismo, ás minorias etnicas, á delincuencia e reinserción de ex-internos ou problematicos de marxinación social ou a accións de caracter formativo ou asistencial son susceptíbeis de seren beneficiarios destas axudas.

En canto as solicitudes e á documentación a presentar será preciso unha instancia individualizada asinada polo peticionario/a ou no caso de persoas xuridicas polo representante legal, a fotocopia do codigo de identificación (cif) así como a certificación da inscrición no rexistro de asociacións e de entidades prestadoras da Xunta de Galiza.

Asimesmo, os datos bancarios da conta á que se poderá transferir o importe, o certificado do secretario da entidade no que consten as subvencións e/ou axudas obtidas para a mesma finalidade, a xustificación documental dos requisitos esixidos nas bases, a xustificación de non ter pendente de xustificación ningunha subvención do concello de Carballo e a declaración do número de beneficiarios directos ou/e indirectos da actividade solicitada.

Contía das subvencións

A contia da subvención estará en función do custo dos programas e dos recursos con que conte para cubir parcialmente este. Por regra xeral, a subvención municipal non pasará do 50% do orzamento total do proxecto ou actividade.
En ningún caso o importe da subvencion poderá ser de tal contía que , illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras de administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, supere o custe total da actividade que se vai desenvolver.

A subvención aprobada poderá se revisada, unha vez coñecido o financiamento do gasto a traves das achegas complementarias de axudas doutras entidades, así como, no seu caso, outros ingresos, de tal xeito que a sua contía definitiva supoña o resultado deficitario da liquidación final de gastos-ingresos.

Para a concesión destas axudas dirixidas a realización de actuacións puntuais ou de carácter anual no eido dos servizos sociais, destinaranse un importe máximo de 15000 euros que se imputará aos orzamentos xerais do concello.

Prazos

A instancia coa restante docmuentación para solictar a subvención presentarase no rexistro xeral do Concello de Carballo, no prazo de 30 días naturais contados desde o día segunte ao da publicación das bases na prensa local.
No caso de non reunir os requisitos terán un prazo de 10 días para para enmendar anomalías.

Xustificación e cobro

Para poder percibir as subvencións concedidas de acordo coas prescricións destas bases os/as beneficiarios/as presentaran a prazo de trinta dias seguintes a realización da actividade subvencionada e antes do 20 de novembro de 2007, agás aquelas que se realicen durante o mes de decembro, que se poderán presentar até o día 30 de decembro de 2007.

Noutra orde de cousas, a Xunta de Goberno Local aprobou tamén dúas certificacións de obra, como son a dotación dunha rede de saneamento en arnados" por un importe de trinta e oito mil novecentos cincuenta e dous con dezaoito euros. O proxecto adxudicouse á empresa Construcciones López Cao SL.

A segunda certificación da obra concedeuse para o afirmado do camiño de Canelas aos Loureiros por un importe de trinta e tres mil catrocentos oito euros, adxudicado a Construccións Ramón Vázquez y Reino SL.

Convenios e Adxudicación de expedientes de contratación

En canto ao primeiro destes apartados, o do convenio para a participación na programación da rede cultural da Deputación da coruña para 2007, este deu os seguintes eventos adxudicados ao Concello como son o XXIV Programa de música e teatro para grupos non profesionais, o I Programa para compañías de danza profesionais e outras actividades, o XX Ciclo de música para intérpretes profesionais e o XIX Programa de teatro e títeres para compañías profesionais.

No que respecta á adxudiación de expedientes de contatación, un deles será para a organización, vixilancia e limpeza do espazo público onde se desenvolve o mercado de ambulantes de "a milagrosa" cun orzamento de 28.700 euros. O destinatario será D. Pedro Baldomero Fuentes Lema, cun prazo maximo de execución de dous anos, prorrogables por mutuo acordo das partes, até dous anos máis.

O outro acordo foi para o proxecto de urbanización do polígono 26, con aprobación definitiva e outro para a aprobación do proxecto de equidistribución do polígono 5.

O último dos puntos acadados este luns fai referencia aos novos vaos permanentes no Concello. Estes corresponden ás seguintes rúas: Rúa Uruguai nº 24, Rúa Ramón y Cajal nº18, Rúa arroaces nº26, Rúa Río Anllóns nº50 e Rúa Brasil nº20.

Compartir: