Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luís de Matos actúa esta noite en...

PRESTIXIOSO ILUSIONISTA DE RECOÑECIDO PRESTIXIO

Luís de Matos actúa esta noite en Carballo

Venres 3 de agosto do 2007

Este ilusionista luso, recoñecido polo público debido á súa participación nun programa da televisión autonómica, visita Carballo por segunda vez (a primeira foi en 2005 co espectáculo Close-up) para presentar o seu novo show que leva por título Enigma, no que o mago intentará sorprender aos espectadores cunha serie de xogos e ilusións.

Luís de Matos está considerado un dos mellores magos do mundo, tal e como acreditan os numerosos premios que posúe, entre eles, o prestixioso "Mago do Ano" que concede a Academia da Artes Máxicas de Hollywood. Os carballeses e carballesas teremos a posibilidade de gozar deste espectáculo a partir das dez e media da noite na praza do Concello e a entrada será de balde.

Compartir: