Inicio Carballo ao día Hemeroteca Ábrese o prazo para contratar a...

A EMPRESA ADXUDICATARIA DISPORÁ DUN PRAZO DE EXECUCION DE 3 MESES

Ábrese o prazo para contratar a substitución da herba artificial e da rede de rego do campo das Eiroas

Venres 20 de xullo do 2007

A Consellería de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral para o Deporte, anunciou no Diario Oficial de Galicia do venres 20 de xullo a licitación do contrato de obra da substitución da herba artificial e da rede de rego no campo de fútbol das Eiroas, que se tramitará mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso con tramitación urxente.

Os interesados deberán presentar as súas ofertas antes das 4:00 horas do vindeiro día 28 no rexistro de documentos da Dirección Xeral para o Deporte, no estado Multiusos de San Lázaro (Santiago de Compostela) e farano mediante a presentación dos documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares, coa que acreditarán a súa solvencia económica, financeira, técnica e profesional.

O proxecto da substitución da herba artificial e da rede de rego no campo de fútbol das Eiroas conta cun orzamento de licitación, IVE incluído, de 460.901,19 euros e contempla un prazo de execución de tres meses. A apertura das ofertas presentadas realizarase ás 10:00 horas do quinto día hábil seguinte ao de rematar o prazo de presentación de ofertas, que, de coincidir este en sábado, pasaría ao seguinte día hábil.

Compartir: