Inicio Carballo ao día Hemeroteca Teatro e música conforman a oferta do...

CULTURA

Teatro e música conforman a oferta do Verán Cultural para a vindeira fin de semana

Martes 17 de xullo do 2007

Los Amados é unha formación que mestura música, teatro, humor e revista e que cunha traxectoria de 16 anos constitúe na actualidade todo un fenómeno en Arxentina. A compañía está integrada por 9 músicos-actores que chegan para difundir a mensaxe do amor. En canto á celebración do festival Sereas e Piratas, a celebrar o sábado, a xornada abrirase sobre as 18,00 horas cunha exhibición de surf, precedendo á exhibición e competición de skate, que terá lugar ás 20,00 horas. Sobre ás 22,00 horas terán lugar os concertos, a cargo do grupo carballés Franc3s, Os Justicieros de Buño e Delorian, unha das formacións máis importantes a nivel nacional en festivais, para rematar a xornada cunha nutrida representacións de Dj’s da zona, como Fugaz, Ana, Os Chulapas e Cristina.

Compartir: