Inicio Carballo ao día Hemeroteca Catro novas proxeccións dan continuidade...

CULTURA

Catro novas proxeccións dan continuidade ao ciclo de Noites de Cine esta semana

Luns 16 de xullo do 2007

Mañá martes, 17 de xullo, será o turno da parroquia de Bértoa-Mirón, a carón da igrexa, coa proxección da película Dicen por ahí, pertencente ao xénero da comedia romántica. Esta mesma película proxectarse na praia de Razo o xoves, 19 de xullo. Con anterioridade, o mércores 18, o cine de acción volverá a darse cita na praza da Milagrosa, coa proxección de 007:Casino Royal. O ciclo Noites de Cine conta con 27 proxeccións a desenvolver nas distintas parroquias do Concello de Carballo durante os meses de xullo e agosto.

Compartir: