Inicio Carballo ao día Hemeroteca A I Xira de Karting Indoor de Galicia xa...

LECER

A I Xira de Karting Indoor de Galicia xa está en Carballo

Xoves 12 de xullo do 2007

O Parque do San Martiño conta con dúas pistas, unha destinada a os máis novos (de 6 a 10 anos) e outra para idades superiores aos 10 anos. O venres, ademais, vaise a celebrar unha gala a partir das 21,30 horas, que contará cunha exhibición de pilotaxe a cargo de Pablo Garrido. Motor Canedo, ademais, baixará os catro días un Ford Mustant para que a xente o poda ver. A I Xira de Karting de Galicia chega a Carballo logo de desenvolverse cun grande éxito en Vilagarcía, Lugo e A Coruña. Patrocinan o evento o Centro Comercial Bergantiños Haley, Rhino´s, Motor Canedo, Estación de Servizo Carvolta e Thunder Road Cicles.

Compartir: