Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicados os expedientes de contratación...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicados os expedientes de contratación de cinco obras incluídas no Plan de Cooperación ás Obras e Servizos

Luns 14 de maio do 2007

A Xunta de Goberno Local autorizou, ademáis, licenzas de obra para a construcción dun edificio de 8 vivendas na rúa Orquídeas, outro de 11 vivendas nas rúas Gran Vía e Carpinteiros e o proxecto de execución doutro edificio de 8 vivendas nas rúas Rosas e Hortensias, ademais, das autorizacións de licenzas para a construcción de tres vivendas unifamiliares nas rúas Arroaces, Arnados, parroquia de Carballo, no lugar do Aseñado, parroquia de Berdillo e no lugar de Sambade, parroquia de Rebordelos. En canto a certificacións de obra, aprobouse a única da obra Beirarrúas en Oza, a segunda da obra Edificio Centro socio-cultural de Sofán, fase 2, a segunda e terceira da obra Remodelación, adaptación e mellora do Concello, fase 3 e a de liquidación da obra Completar e reparar beirarrúas na Avda. Bergantiños, Vila de Corcubión e Vila de Ordes. A Xunta de Goberno Local tamén conta de dous convenios de colaboración coa Universidade da Coruña para a realización do Practicum do alumnado e coa Consellería de Medio Rural para a participación na prevención de incendios forestais. Igualmente, autorizáronse sete vaos permanentes nas rúas Vila de Noia, Fábrica, Pascual Veiga, Brasil, Baixa, Muíño e Castelao.

Compartir: