Inicio Carballo ao día Hemeroteca Camilo Franco presenta en Carballo o seu libro...

CULTURA

Camilo Franco presenta en Carballo o seu libro Palabras Contadas

Martes 8 de maio do 2007

Aproveitando a funcionalidade da literatura breve o autor aborda, con grandes doses de humor e ironía, non exentas de melancolía, os temas e os xéneros máis característicos da narración: o amor, a morte, a dor ou a alegría. Camilo Franco (Ourense, 1963) é escritor e xornalista. Correspondente cultural de La Voz de Galicia. Ten publicado os libros: A lúa no cénit e outros textos (1988), Ribadavia (1993), En malos pasos (Xerais 1995), Chuvia tralos cristais en Narradores de cine (Xerais 1996), do que foi coordinador; Por conto alleo (2003) e Palabras contadas (Xerais 2006). No espazo electrónico Vieiros publicou as series de narracións: Por conto alleo (1999) e Necesariamente X. A razón máis quente (2001). Palabras contadas deu pé á exposición homónima da Fundación Luís Seoane, organizada dentro do Proxecto-Edición (2006).

Compartir: