Inicio Carballo ao día Hemeroteca Primavera de Cine ofrece descontos para disfrutar...

COMERCIO

Primavera de Cine ofrece descontos para disfrutar do cine en Carballo

Venres 4 de maio do 2007

Primavera de cine desenvolverase do 7 de maio ao 30 de xuño de 2007. En todas as tendas do Centro Comercial Aberto e Centro Comercial Bergantiños Haley entregaranse aos clientes uns cupóns desconto para canxear nas taquillas de Multicines Bergantiños. Cada unha das tendas establecerá o seu propio criterio para a entrega dos mesmos, sendo o número de comercios que participan da campaña de 160. Os clientes con cupón poderán acudir ao cine por 3,50 euros (de luns a venres excepto festivos) e 4,00 euros (venres, sábados, domingos e festivos). A xerente do Centro Comercial Aberto, Mari Carmen Freire, manifestou na presentación que "a colaboración dos dous centros, por segundo ano consecutivo, é unha gran fórmula para competir". Na mesma liña manifestouse o director de Marketing do Grupo Gadisa, Antonio Cortés, que dixo que "Carballo ofrece servizos de calidade e queremos seguir mellorando, de forma conxunta, na divulgación do ocio e a cultura". O concelleiro de Industria e Comercio de Carballo, Francisco Pérez, argumentou que "a campaña é un acerto, xa que aúna o triple obxectivo de fomentar o negocio, o ocio e a cultura". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, pechou o acto manifestando que "só con esa colaboración e compromiso de lealdade podemos seguir afondando nestes novos retos que nos temos que plantexar para o futuro de Carballo".

Compartir: