Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Brigada de Medio Ambiente retira dous novos...

MEDIO AMBIENTE

A Brigada de Medio Ambiente retira dous novos vertedoiros incontrolados

Venres 27 de abril do 2007

Ademais da localización e limpeza deses vertedoiros incontrolados, a Brigada de Medio Ambiente procedeu estes días á limpeza da Fonte da Chavella e da Fonte da Brea. Neste último enclave, procediuse tamén á limpeza da pista polideportiva. No día de hoxe, ademais, os operarios municipais déronlle un repaso ás praias de Razo e Baldaio, co ánimo de manter os areais limpos de cara a súa próxima utilización por parte da veciñanza, cando chegue o bo tempo.

Compartir: