Inicio Carballo ao día Hemeroteca Remata o prazo para a solicitude de...

HOSTALARÍA

Remata o prazo para a solicitude de autorizacións para a instalación de terrazas

Xoves 26 de abril do 2007

Algunhas das normas reguladoras que rexen a instalación de terrazas son as seguintes:
Prohíbese colocar sobre a vía obxectos que poidan entorpecer a libre circulación de vehículos ou peóns, a súa parada ou estacionamento, ou facelos perigosos ou deteriorar aquela ou as súas instalacións, ou producir na mesma ou nas súas inmediacións efectos que modifiquen as condicións apropiadas para circular, parar ou estacionar, ou a realización dos usos propios das vías públicas. Non se poderán incorporar sistemas de música ou son na terraza. En tanto non se dea resposta á solicitude, está terminantemente prohibida a colocación de terrazas no dominio público local.
A autorización non se concederá por mesas, senón por unidades de superficie, establecéndose un máximo de mesas. Estas unidades agruparanse en módulos de 2 x 2 metros, correspondendo a una mesa e catro sillas. As autorizacións poderán ser anuais ou por temporada, sen que en ningún caso poidan exceder dun ano. Entenderanse por autorizacións de temporada as que vaian desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro, ámbolos dous inclusive, e por anuais as que autoricen a instalación desde o 1 de xaneiro ao 31 de decembro.
A ocupación nunca poderá impedi-lo tránsito dos peóns polas beirarrúas, debendo deixar, como mínimo, un paso de 1,50 metros de ancho totalmente libre de mesas ou cadeiras dentro da beirarrúa, garantindo o paso simultáneo de dúas persoas. Ao remate de cada xornada, antes do peche do establecemento, deberán ser retiradas as mesas, cadeiras e outros elementos auxiliares (parasoles, barras móviles, etc...) da terraza. Con carácter xeral, non se poderán mante-las terrazas colocadas na vía pública a partires das 0:00 horas, e nunca se poderán colocar antes das 08:00 horas, por ser fontes de potencial emisión de ruídos. O Sr. Alcalde-Presidente, mediante Resolución-Bando, poderá establecer dispensas xerais para lugares e períodos determinados, nos días de festas, limitada á duración das mesmas.
En ningún caso se poderán instalar na vía pública, sexa na beirarrúa, nos estacionamentos ou na calzada, aparellos de cociña que provoquen fumes ou cheiros, tales coma barbacoas, parriñas, etc..., salvo dispensa expresa en períodos de festas, outorgada pola Alcaldía, que non poderá supera-los 3 días.
Non se poderán instalar as mesas fóra da liña de fachada do establecemento, salvo que os establecementos lindantes non sexan de hostalería, suposto no que se poderá prolonga-la ocupación ao frente dos mesmos, debendo, non obstante, deixar en todo caso expedito o acceso ás vivendas e locais comerciais, cun espacio mínimo, neste caso, de 2,50 metros entre as mesas máis próximas e o fronte dos establecementos.
A ocupación do dominio público local sen autorización constitúe unha infracción moi grave e pode acarrear multas de até 3000 euros.

Compartir: