Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello inclúe catro actuacións...

OBRAS

O Concello inclúe catro actuacións no Plan de Cooperación da Deputación da Coruña

Venres 20 de abril do 2007

A primeira fase da construcción do carril bici a Razo conta cun orzamento de 319.092,16 euros. O da segunda fase de saneamento en Queo, parroquia de Bértoa, ascende a 223.692,50 euros. O orzamento daa segunda fase de saneamento no Añón, parroquia de Berdillo, é de 75.206,13 euros, mentres que o da depuradora en Añón e depuradora en Oza ascende a 82.773,69 euros. A cifra total a investir nestas actuacións supera os 700.000 euros, unha partida que ven a complementar a outras desenvolvidas neste sentido polo Concello en exercicios anteriores. A intención da Alcaldía de Carballo era, desde o comenzo do mandato, a de mellorar as redes de saneamento nas parroquias, complementada coa dotación de deporudaras, co obxectivo de mellorar os servizos e equiparalos aos do casco urbano. Estas actuacións pretenden dar un equilibrio territorial ao concello, ademais de prestar os servixos necesarios á veciñanza.

Compartir: