Inicio Carballo ao día Hemeroteca O programa ‘A Culturaeduca’ achega dous concertos...

CULTURA

O programa ‘A Culturaeduca’ achega dous concertos didácticos ao Pazo da Cultura

Martes 17 de abril do 2007

Attacca está integrado por profesores e alumnos do conservatorio Profesional de Música da Coruña, que ofrecerá un entretido conto musical que leva por título O ritmo da rúa, no que os instrumentos de percusión estarán acompañados por voz, percusión corporal e baixo eléctrico. A relación imposible entre dous mozos de bandas rivais é o argumento inicial deste concerto didáctico. Unha das bandas está formada por instrumentos de percusión membranófonos e idiófonos de son indeterminado (a banda das "pirañas"), e a outra está formada polos instrumentos de láminas de son determinado (a banda dos "chapanecos"). A selección musical inclúe obras para percusión de autores como Edward D. Argenziano, Javier Benet Martínez, Nebojsa Jovan Zivkovic, Emmanuel Séjourné e Minoru Miki. Esta actividade está organizada e patrocinada pola Concellería de Cultura do Concello de Carballo.

Compartir: