Inicio Carballo ao día Hemeroteca O programa ‘Primavera en Danza’ achegará a...

CULTURA

O programa ‘Primavera en Danza’ achegará a Carballo catro novas actuacións

Luns 16 de abril do 2007

A muller contará cun papel importante no desenvolvemento do ciclo, xá que três mulleres son as coreógrafas das súas compañías e dúas actuacións xirarán en torno á muller como tema central do espectáculo. O prezo das entradas son de 2,5 euros (prezo ordinário) e 1,5 euros (prezo reducido) para Vacuo, 5 euros e 2,5 euros para Ballet Studio, 3,5 euros e 2 euros para Inquedanza e 5 euros e 2,5 euros para 10et10 Danza. As reservas pódense facer por telefono (981704300) a partir de mañán martes, 17 de abril, cun máximo de catro entradas por persoa.A partir do venres 20 de abril estará aberta a inscrición para participar dos encontros cós coreógrafos das compañías. Os vinte primeiros anotados contarán cunha invitación para acudir ao espectáculo. A concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, manifestou na presentación do programa que "contamos cunha interesante programación que dará a oportunidade á veciñanza de disfrutar de catro espectáculos de danza contemporânea, moi escasos nos auditorios galegos. Queremos que a danza contemporánea non sexa un espectáculo exclusivo e facelo próximo a un público maioritario". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, engadiu que "estamos diante dun programa que se pode contemplar en grandes cidades e capitais, e o que queremos é que Carballo sexa a capital de toda a Costa da Morte. É unha satisfacción poder presentar este magnífico programa".

Compartir: