Inicio Carballo ao día Hemeroteca Costas anuncia a licitación de contrato...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Costas anuncia a licitación de contrato para a redacción dun estudo de sostenibilidade na lagoa de Baldaio e o seu entorno

Luns 16 de abril do 2007

A Xunta de Goberno Local aprobou, ademais, os expedientes de contratación das obras Depuradora en Rebordelos e Rede de saneamento e depuradora en Castrillón, parroquia de Lema, ambas incluídas no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal e Rede Viaria Local 2007. A orde do día completouse coa dación de conta dun convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia e o Concello de Carballo en relación coa elaboración do proxecto en materia de aforro, eficiencia enerxética e enerxías renovábeis, co que o Concello de Carballo presentará a súa candidatura ao Programa Europeo Concerto. A Xunta de Goberno Local tamén autorizou tres licenzas de obra para vivendas unifamiliares nos lugares de Loenzo (Bértoa), Vivente (Ardaña) e Castelo (Vilela), solicitou subvencións para o Centro de Información á Muller e para a realización de actividades culturais da Xunta de Galicia 2007, e aprobou o programa Primavera en Danza 2007 e os prezos públicos dos seus espectáculos. Autorizáronse, ademais, seis vaos permanentes nas rúas Salgueiro, Vila de Corcubión, Avda. da Milagrosa, Vila de Noia, Gran Vía e Luis Calvo.

Compartir: