Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta de Goberno Local reúnese o...

CONVOCATORIA

A Xunta de Goberno Local reúnese o vindeiro luns en sesión ordinaria

Venres 13 de abril do 2007

A orde do día contempla a dación de conta dun convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia e o Concello de Carballo en relación coa elaboración do proxecto en materia de aforro, eficiencia enerxética e enerxías renovábeis, co que o Concello de Carballo presentará a súa candidatura ao Programa Europeo Concerto. A Xunta de Goberno Local tamén abordará a autorización de tres licenzas de obra para vivendas unifamiliares nos lugares de Loenzo (Bértoa), Vivente (Ardaña) e Castelo (Vilela). A sesión completarase coas solicitudes de subvencións para o Centro de Información á Muller e para a realización de actividades culturais da Xunta de Galicia 2007, a aprobación do programa Prmiavera en Danza 2007 e dos prezos públicos dos seus espectáculos, e as autorizacións de seis vaos permanentes nas rúas Salgueiro, Vila de Corcubión, Avda. da Milagrosa, Vila de Noia, Gran Vía e Luis Calvo.

Compartir: