Inicio Carballo ao día Hemeroteca Teatro e música conforman a oferta...

CULTURA

Teatro e música conforman a oferta cultural da fin de semana

Venres 13 de abril do 2007

Lagarta Lagarta escolleu para a súa cuarta producción un excelente e premiado texto do italiano Furio Bordón, representado con grande éxito en toda europa. A obra, fresca e intelixente, de delicado humor e inmensa tenrura, é unha mirada seria e serena sobre aqueles pasos tan fundamentais na nosa vida como a senectude e a morte. As últimas lúas está dirixida por Xulio Lago e conta no reparto con Ernesto Chao, Rosa Álvarez e Artur Trillo.

A Banda Municipal de Carballo, dirixida por Vicente Pérez Palnells, ofrecerá un concerto familiar que pretende ser un encontro coa música entre país e fillos, no que se explicará, de xeito sinxelo, o que é unha banda, qué instrumentos a componen ou algunas nocións básicas sobre música.

Compartir: