Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobadas as Bases da Convocatoria do Concurso do...

CULTURA

Aprobadas as Bases da Convocatoria do Concurso do Cartel Anunciador das Festas de San Xoán

Mércores 11 de abril do 2007

A Comisión de Festas faralle chegar as Bases as asociacións culturais de Carballo, institutos de educación secundaria de Carballo e da Comarca, concellos de Galicia e outras institucións culturais relacionadas co deseño, a pintura e a fotografía. O cartel realizarase en vertical, e o seu tamaño deberá estar comprendido entre 40 e 55 cm por un lado e 55 e 75 cm por outro. Nos carteis non deberá constar o nome do autor ou autora, figurando na parte posterior o pseudónimo empregado. Cada traballo irá acompañado dun sobre pechado, que no exterior levará escrito o pseudónimo do autor, e no interior o nome completo do autor ou autora, enderezo, teléfono e pseudónimo utilizado. O xurado estará constituído por un mínimo de catro membros da Comisión de Festas e un representante do Concello de Carballo, sendo a súa decisión inapelable. O xurado, ademais, resérvase o dereito de declarar deserto o concurso.

Compartir: