Inicio Carballo ao día Hemeroteca Tramitadas 302 licenzas para a construción...

INDUSTRIA

Tramitadas 302 licenzas para a construción de vivendas no primeiro trimestre de 2007

Martes 10 de abril do 2007

O bo ritmo acadado na tramitación de licenzas ven a confirmar a Carballo como motor socieconómico da comarca. Ademais, o Concello ven de tramitar no primeiro trimestre de 2007 licenzas para aperturas de actividades e construcción de 11 naves industriais, polo que ó rematar o ano pode duplicar ás do pasado exercicio. En 2006 a cifra total de licenzas no polígono industrial foi de 23, sendo de 17 en 2005 e 15 en 2004. A futura ampliación do polígono industrial de Bértoa impulsará o o crecemento industrial, económico e comercial de Carballo como referente da comarca de Bergantiños e Costa da Morte, tendo en conta a importante trasnsformación e crecemento que está a experimentar o polígono a raíz destes datos. O goberno municipal segue a dar pasos no camiño a lograr un importante tecido industrial, como sucedeu coa recente inauguración do Viveiro de Empresas, unha ferramenta coa que se pretende seguir progesando no asentamento de empresas e desenvolvemento industrial da localidade.

Compartir: