Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os Venres Culturais volven a achegar...

CULTURA

Os Venres Culturais volven a achegar música e teatro a vindeira fin de semana

Luns 19 de marzo do 2007

Xabier Díaz ofrecerá un poemario sonoro cun feixe de salgadas cancións, algunhas con textos propios e outras de diferentes autores galegos musicados xunto con Guillermo Fernández. O prezo da entrada para acudir ao concerto é de 3 euros, sendo o precio especial con desconto de 2 euros. Polo que respecta a O merlo branco, trátase dunha fermosa e tenra historia sobre a tolerancia e a integración. O prezo da entrada para asistir a esta representación é de 2,5 euros, sendo o prezo reducido de 2 euros. Pódense reservar as entradas, en ambos casos, no teléfono 981704300 ou na Concellería de Cultura, no Pazo da Cultura.

Compartir: