Inicio Carballo ao día Hemeroteca As terceiras xornadas de Enerxías...

ENERXÍA

As terceiras xornadas de Enerxías Renovables celebraranse a finais do mes de marzo

Venres 9 de marzo do 2007

As inscricións para participar nas xornadas son gratuitas e pódense facer a través da web de Axober ou no teléfono 981 756 313. O xoves, día inugural das xornadas, haberá unha análise do presente e do futuro do consumo enerxético centrándose nas dificultades que presentan os combustibles fósiles e buscando as vías de eficiencia enerxética. O venres chegará a quenda das principais liñas contempladas no Código Técnico de Edificación. Na xornada do sábado o ciclo centrará a súa mirada nas últimas tecnoloxías e aplicacións da enerxía solar térmica e fotovoltaica e a combinación destas con outras fontes para acadar a eficiencia enerxética. Por último, na xornada do domingo será o tempo de falar doutras fontes de enerxías que están a espertar un grande interese en Galicia, como o aproveitamento da biomasa forestal, o biogás ou o bioetanol. O presidente de Axober, Ramón Antelo, manifestou no acto que "o de Carballo é o ciclo máis completo que se pode atopar na actualidade na nosa comunidade e, pola calidade do programa, estamos á altura de moitos certames internacionais que se veñen celebrando". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, suliñou que "desde o Concello non podemos estar nunca indiferentes ás demandas que presenta, neste caso, Axober. E menos tratándose dun evento vinculado co mundo do futuro, a sustentabilidade e as enerxías renovables. O Concello non pode se non poñerse a disposición de Axober para a celebración destas terceiras xornadas, un paso máis nese camiño iniciado no ano 2004".

Compartir: