Inicio Carballo ao día Hemeroteca Cultura presenta a obra de teatro ‘Un home de...

ESPECTÁCULOS

Cultura presenta a obra de teatro ‘Un home de sorte’

Martes 20 de setembro do 2005

O alcalde quixo agradecer o traballo e o interese que dende Caixanova se está demostrando coa "ampla colaboración" que mantén co Concello para lle achegar aos cidadáns un tipo de manifestacións artísticas ás que lles había ser difícil acceder doutro xeito. Evencio Ferrero sinalou que en Carballo "comeza a haber xa un público para o teatro" e anunciou que a vindeira colaboración coa entidade será no mes de novembro coa celebración dunha conferencia da xornalista Ángela Rodicio.

Un home de sorte presenta a traxectoria vital dun actor xa retirado, interpretado por Juan Luis Galiardo, que fai un balance de grandezas e miserias con moito sentido do humor. A obra é o produto do traballo dun grupo de profesionais de recoñecido prestixio no mundo do teatro e do cinema español. O autor é José Luis Alonso de Santos, o director é José Luis García Sánchez - que conseguiu "pór en escena a Valle Inclán, o grande mestre do teatro", explicou o alcalde - e o responsable de imaxe e vestiario o artista Eduardo Úrculo.

Con todos estes elementos tanto Ferrero como Ulfe coincidiron en que "o éxito está garantido" e animaron os veciños da comarca de Bergantiños a se achegar o día 29 ao Pazo da Cultura, ás 21.00 horas. O prezo das entradas é de 6 euros e para obtelas haberá que agardar ata o propio día da representación e mercalas nas oficinas do Pazo.

Compartir: