Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Concellería de Muller organiza...

MULLER

A Concellería de Muller organiza sesións de contacontos con motivo do Día Internacional da Muller

Xoves 8 de marzo do 2007

Este xoves, ademáis, continúa o ciclo de cineforum que, con motivo da celebración deste día, vense celebrando ao longo de toda a semana no Pazo da Cultura. A película que pecha o ciclo é Te doy mis ojos e proxectarase a partir das 18,00 horas. Desde o Centro de Información á Muller de Carballo quere conmemorarse o Día Internacional da Muller, un día onde se recordan feitos sociais que marcaron uns cambios históricos, data para reflexionar sobre os avances acadados, esixir cambios oportunos para o recoñecemento dos dereitos laborais das mulleres e destacar unha presenza máis activa das mesmas en todos os ámbitos sociais, así como un recoñecemento das mulleres que desempeñaron un papel relevante.

Compartir: