Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Escola Obradoiro Casa dos Oficios acadou unha...

EMPREGO

A Escola Obradoiro Casa dos Oficios acadou unha taxa de emprego do 81,25%

Luns 5 de marzo do 2007

Ademáis, durante o ano 2006, o Centro Municipal de Formación de Carballo atendeu a 136 persoas entre os cursos do Plan Fip e a Escola Obradoiro finalizando con valoración positiva o 61,03%. O índice de inserción laboral do alumnado procedente dos cursos do Plan Fip acada o 53,62%, tendo en conta para calcular este porcentaxe tanto o alumnado que finaliza a súa acción formativa cunha avaliación positiva coma o alumnado que supuxo baixa por colocación ao longo da súa acción formativa. O sector metalúrxico é o máis beneficiado pola taxa de emprego, favorecéndolle o proceso de homologación que se leva a cabo no centro a través da empresa Servicios de Control e Inspecciones (SCI). O resultado desta proba foi moi positivo para o alumnado, alcanzando un 100% no proceso das homologacións. Das 12 certificacións que foron concedidas o 83,34% corresponden a homologacións en penetración con TIG y Electrodo en tubería a 45º e o 16,67% son de penetración con chapa e en electrodo básico.

Axudas

O Centro Municipal de Formación solicitou, no mes de febreiro, o Programa de Axudas do Formic á Fundación para el Desarrollo de la Formación en Zonas Mineras del Carbón, na cal se atopa Carballo e polo que se financia a realización de accións formativas dirixidas a desempregados/as e traballadores/as en activo. Para o ano 2007 os cursos solicitados son: Modisto/a, Soldador/a de tubos en grandes dimensións para gaseodutos e oleodutos e Carpinteiro/a Metálico e de P.V.C. Ademáis, o Centro Municipal de Formación ampliou para o ano 2007 o alcance do sistema de Xestión de Calidade, vixente dende o ano 2005. Esta ampliación recolle non só a xestión e impartición dos cursos do Plan Fip senón tamén a toda a área de formación do Centro Municipal coma a Escola Obradoiro, Obradoiro de Emprego ou calquera outra acción formativa deseñada e executada polo centro.

Compartir: