Inicio Carballo ao día Hemeroteca A delegada provincial de Vicepresidencia visita...

VISITA INSTITUCIONAL

A delegada provincial de Vicepresidencia visita Carballo

Xoves 15 de setembro do 2005

A delegada provincial realizou unha visita institucional a Carballo na que tivo a oportunidade de coñecer de primeira man as instalacións de distintos servizos municipais en materia de benestar. Acompañada por membros da Corporación visitou a Escola infantil municipal As Landras - inaugurada en setembro de 2004 - que acolle nenos de ata 3 anos de idade, e está subvencionada polo Concello e pola Xunta de Galicia. Despois dirixiuse á Casa da Xuventude de Carballo para rematar cunha visita á Residencia de maiores.

A presenza da nova delegada provincial supón unha primeira toma de contacto do Concello de Carballo cos responsables do novo goberno autonómico. A visita serviu de presentación da persoa que será a responsable das áreas de igualdade e de benestar na provincia da Coruña.

Compartir: