Inicio Carballo ao día Hemeroteca Nordestin@s abrirá o Circuito 4x4 en...

CULTURA

Nordestin@s abrirá o Circuito 4x4 en Carballo

Martes 27 de febreiro do 2007

O prezo da entrada para asistir aos concertos é de 3 euros, habendo prezo reducido para menores de 12 anos, estudantes e maiores de 65 anos, de 2 euros. Xa se pode realizar a reserva de entradas para o primeiro dos concertos, no número de teléfono 981704300. O Concello de Carballo correrá co 30% do custo do ciclo, que a Xunta de Galicia ofertou para os concellos galegos. En total serán 15 concello os que participen do Circuito 4x4, cun total de 78 concertos. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou na presentación que "se trata dunha aposta novedosa. É unha oferta que, aquí en Carballo, recollerá catro importantes concertos que teñen como constante a innovación, sendo o suficientemente atractiva". A delegada provincial de Cultura e Deporte, Milagros Lantes, engadiu que "o circuito ten como obxectivo promover a canción galega actual e, no caso da canción de autor, trátase da punta do iceberg do panorama galego actual".

Compartir: