Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello inclúe a praia das...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

O Concello inclúe a praia das Saíñas na candidatura para a obtención de bandeira azul

Luns 19 de febreiro do 2007

A Xunta de Goberno Local tamén deu conta do convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a FEGAMP, para subvención de actividades en materia de normalización lingüística das entidades locais de Galicia e do convenio de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria e o Concello de Carballo para o desenvolvemento da orde de 16 de maio, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública para a concesión de bolsas para a formación de dinamizadores da sociedade da información na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva para o exercicio 2006. Aprobouse tamén a adhesión ao convenio de colaboración do Plan de mellora en materia de seguridade viaria para os concellos das comarcas de Bergantiños, Fisterra e Terra de Soneira. A Xunta de Goberno Local tamén aprobou e solicitou a subvención á Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar para o programa de Educación Familiar 2007, ademáis de aprobar as bases da convocatoria de subvención para Festas Populares 2007, Actividades Puntuais 2007 e Actividades Excepcionais. Aprobáronse, igualmente, tres autorizacións para vaos permanentes nas rúas Gran Vía, Fábrica e Río Rosende, ademáis das modificacións nº 1 nas obras Paseo fluvial no entorno do río Anllóns e urbanización en Constenla e Casadelas. En canto a licenzas de obra, a Xunta de Goberno Local aprobou unha para a construcción dun edificio de 8 vivendas na Avenida da Milagrosa e outra para a construcción doutro edificio de 27 vivendas nas rúas San Martiño e Río Miño, ademáis do proxecto de execución dun edificio de 14 vivendas na Avenida Fisterra. Aprobáronse tamén licenzas para a construcción de vivendas unifamiliares nos lugares de Sambade, parroquia de Rebordelos, San Salvador de Rebordelos, e Xoane, na parroquia de Sofán. Fóra da orde do día, a Xunta de Goberno Local aprobou a permuta do solar da praza de Vigo co solar da rúa Gran Vía, que permitirá a ampliación da residencia de maiores.

Compartir: