Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello intensifica os traballos de...

OBRAS

O Concello intensifica os traballos de acondicionamento dos locais sociais das parroquias

Sábado 17 de febreiro do 2007

Os traballos de acondicionamento, consistentes segundo os diferentes casos na colocación de ventanas, portas, pintura ou fontanería, vense realizando nos locais sociais de A Brea, Cances, Oza, Artes, Noicela, Sísamo, Imende, no teleclube de Ramil, en Rus, nas escolas do Outón e na escola da rúa Alfredo Brañas, máis coñecida como a de Pazita. Neste plan de acondicionamento dos locais, invístense preto de 60.000 euros. Ademáis, a Concellería de Cultura presentou ante a Consellería de Medio Rural un proxecto para acondicionar os locais sociais de Razo e Oza. Este tipo de actuacións, ademáis, están relacionadas coa próxima posta en funcionamento do Regulamento de Participación Cidadá, para que os veciños podan participar da vida social da parroquia e dispoñan de locais acondicionados para a súa utilización. A intención da Concellería de Cultura e Ensino é a de dotar de mobiliario ás escolas nas que se está a desenvolver o plan de acondicionamento.

Compartir: