Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle a celebración do...

DEPORTE

Carballo acolle a celebración do Campionato Galego Infantil de Natación

Venres 16 de febreiro do 2007

Na presentación do evento estiveron presentes o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, a delegada provincial de Cultura e Deporte, Milagros Lantes, o presidente da Federación Galega de Natación, Carlos Touriño, e o presidente do Fogar Natación Carballo, Antonio Varela. Sobre o papel que pode desempeñar o Fogar natación Carballo, o presidente do clube manifestou que "somos bastante optimistas, pese a que vai a haber un nivel moi alto e importante. Falando cos técnicos, somos bastante optimistas, aínda que será moi difícil repetir os éxitos de hai quince días no campionato galego absoluto e junior". Carlos Touriño, pola súa parte, manifestou que "esta fin de semana poderemos ver en Carballo ás promesas que dentro dun par de anos estarán dando guerra no panorama da natación galega. É un campionato moi bonito de ver e aventúrase un grande espectáculo en Carballo, con moita ilusión sobre todo na piscina". A delegada provincial de Cultura e Deporte, Milagros Lantes, dixo na súa intervención que "tanto o Fogar Natación Carballo como o Padroado Deportivo Municipal son garantía de éxito para un evento deste tipo. É moi importante que sexa un campionato infantil, xa que se trata da base e o futuro do noso deporte". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asumiu a celebración do Campionato Galego coma "un novo reto. Carballo segue sendo noticia e este é o mellor exemplo que podemos dar".

Compartir: