Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello participará do VIII...

TURISMO

O Concello participará do VIII Salón Galego de Gastronomía e Turismo

Mércores 14 de febreiro do 2007

A principal novidade deste ano será a presenza de México como país invitado. Esta é a primeira vez que participa unha gastronomía non ibérica no certame e ofrecerá a posibilidade de coñecer de primeira mán a gastronomía, restauración, recursos turísticos e folclore deste país. A presentación oficial de Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, terá lugar o xoves, 15 de febreiro, ás 13.30 horas, no Concello de Carballo. No acto estarán presentes o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o concelleiro de Turismo, Luis Lamas, membros da Fundación Amigos de Galicia, representantes da Asociación de Hostaleiros de Bergantiños e o director de Expourense e de Xantar, Alejandro Rubín.

Compartir: