Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado o proxecto sectorial e proxecto de...

VIVENDA E SOLO

Aprobado o proxecto sectorial e proxecto de urbanización da primeira fase do polígono industrial de Bértoa

Xoves 8 de febreiro do 2007

Neste momento, a Consellería de Vivenda e Solo é titular de 250.000 metros cadrados do total do ámbito de actuación. Ademáis, a Consellería enviou os plans de sectorización das zonas A e B da segunda fase do polígono industrial ao Concello de Carballo a principios do pasado mes de decembro, para a súa tramitación. Co obxectivo de axilizar a tramitación, a Consellería está a redactar os correspondentes proxectos de urbanización. A segunda fase terá unha superficie total de 550.00 metros cadrados dos cales 430.000 metros cadrados corresponden á zona A e 120.000 á zona B. O conxunto do parque terá unha superficie de 1.280.000 metros cadrados, dos cales 837.043 serán de uso empresarial, 97.608 metros cadrados de uso social, deportivo e para equipamentos, e 117.000 metros cadrados serán para zonas verdes. Vivenda e Solo ten previsto un investimento total de 35 millóns de euros para a adquisición dos terreos e urbanización do polígono industrial de Bértoa. Nos orzamentos de 2007 hai unha partida por importe de 10 millóns de euros para traballos técnicos, adquisición de terreos e obras de urbanización.

Compartir: