Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Grupo Instrumental ‘Século XX’...

CULTURA

O Grupo Instrumental ‘Século XX’ amplía a oferta dos Venres Culturais

Martes 6 de febreiro do 2007

Os seus membros, que proveñen de países como España, EEUU, Rumanía, Francia, Albania, Japón, Rusia ou Polonia, son instrumentistas solistas da Orquestra Sinfónica de Galicia. O Grupo Instrumental Século XX participou en diversos certames nacionais e internacionais con grande éxito de crítica e público.

Teatro

A programación dos Venres Culturais para esta semana complétase coa representación teatral Sempre ao lonxe, a cargo de Mofa e Befa, o vindeiro venres día 9 a partir das 21,00 horas. Trátase do último espectáculo desta compañía que, co seu habitual espírito perverso e transgresor, propoñen, sempre desde o humorunha refleixión sobre a conformación multiétnica da idade actual. O prezo da entrada para este espectáculo é de 2’5 euros e o prezo reducido de 2 euros. Pódense reservar as entradas no teléfono 981704300 ou na Concellería de Cultura, no Pazo da Cultura.

Compartir: