Inicio Carballo ao día Hemeroteca A música volve a ser protagonista da man...

CULTURA

A música volve a ser protagonista da man dos ‘Venres Culturais’

Venres 2 de febreiro do 2007

Maraya Zydeco é un grupo asturiano que combina a música folk irlandesa e norteamericana coa música tradicional de Asturios ou co blues. O acordeón, que interpreta a instrumentista residente en Carballo, María Álvarez, é o protagonista indiscutible nas súas composicións, aínda que está acompañado sempre da percusión e da guitarra da man, respectivamente, de Sergio García e Michel Lee Wolfe.

O Grupo Paganini Ensemble é un cuarteto de corda (2 violíns, viola e violonchelo) máis clarinete, creado no ano 1996 e integrado por instrumentistas da Osquestra Sinfónica de Galicia. O programa inclúe composicións musicais de Mozart, en conmemoración do 250 aniversario do seu nacemento.

Compartir: