Inicio Carballo ao día Hemeroteca Inaugurado o Viveiro de Empresas do...

INDUSTRIA

Inaugurado o Viveiro de Empresas do polígono industrial de Bértoa

Venres 26 de xaneiro do 2007

A Cámara de Comercio de A Coruña, coa posta en funcionamento do Viveiro de Empresas, pretende que o emprendedor non parta só dunha idea brillante. De momento, fixéronse xa catro cursos de formación de emprendedores, cun total de 85 persoas, e a Cámara ten outros dous en marcha que facilitarán que, durante este ano, pasen 120 emprendedores. Para entrar no Viveiro de empresas convocarse un corcurso durante o mes de febreiro. Ademais, o director xeral da Cámara de Comercio de A Coruña, Gonzalo Ortiz, avanzou que a Xunta de Galicia podería contribuir coa instalación dun horto fotovoltaico que suministre enerxía alternativa ao Viveiro. Gonzalo Ortiz tamén manifestou, na presentación que "desde a Cámara temos a confianza de que este Viveiro de Empresas contribuirá ao crecemento sostido da comarca". O director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, manifestou que "é tremendamente gratificante asistir a un acto como este, sobre todo vendo aos actores reunidos nel, como son as administracións autonómica, provincial e municipal. Galicia está despegando no mundo da economía moderna". O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, aludíu no seu discurso a que "é bo que este Viveiro se fixera en Carballo, cabeza dunha comarca como é a de Bergantiños, vinculada a toda a Costa da Morte". O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, dixo que "é importante que todas as administración públicas traballemos conxuntamente e que sexamos capaces de crear o mellor escenario posible para aproveitar ese esforzo común. Ademais, estamos facendo todo o posible para que o solo da segunda fase do polígono industrial de Bértoa está a disposición, canto antes, dos empresarios". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, pechou o acto manifestando que "hoxe é un día moi importante para Carballo. O obxectivo máis importante para o goberno é a creación de emprego e formación de traballadores, ademáis de todo o apoio ao tecido empresarial. Estes 18 espazos que inauguramos darán boas empresas e extraordinarios proxectos".

Compartir: