Inicio Carballo ao día Hemeroteca Xan Fraga doa ao Concello un arquivo de 855 fotos...

ARQUIVO

Xan Fraga doa ao Concello un arquivo de 855 fotos e postais da historia de Carballo

Mércores 24 de xaneiro do 2007

A colección de fotografías, postais e documentación aportada por Xan Fraga inclúe moitas curiosidades, como os programas das Festas de San Xoán, sendo o máis antigo do ano 1923. O escritor e historiador carballés salientou no acto a idea de que "esta doazón sexa o arranque dunha fototeca importante en Carballo e en toda a Costa da Morte. Este acto ten unha folosofía e considero que onde mellor poden estar estas fotos é nun arquivo municipal. Ademais, espero que Carballo conte nun futuro cunha importante biblioteca que sexa o centro e refernecia de Bergantiños e Costa da Morte". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou que "este acto sirve tamén para dar a coñecer o novo espazo do arquivo municipal; durante demasiados anos as persoas que viñan a consultar o arquivo encontrábano nun estado bastante deplorable e un dos obxectivos que nos marcamos foi o de melloralo coa reforma do Concello. Agora, o arquivo da un paso importantísimo na recuperación da memoria histórica de Carballo, gracias a esta aportación de Xan Fraga".

Compartir: