Inicio Carballo ao día Hemeroteca Á venda os bonos para asistir a todas as...

CULTURA

Á venda os bonos para asistir a todas as representacións teatrais dos Venres Culturais

Martes 23 de xaneiro do 2007

O bono garantiza a entrada ás obras A raíña da beleza de Leenane, de Teatro do Atlántico o día 26 de xaneiro ás 21,00 horas, Romeo y Julieta, de teatro Españo de Madrid o día 28 de xaneiro ás 18,00 horas, Sempre ao lonxe, de Mofa e Befa o 9 de febreiro ás 21,00 horas, Os homes só contan ata tres, de A Factoría Teatro o 9 de marzo ás 21,00 horas, O merlo branco, de Talía Teatro o 25 de marzo ás 18,00 horas, e As últimas lúas, de Lagarta Lagarta o 13 de abril ás 21,00 horas. Todas as representacións terán lugar no auditorio do Pazo da Cultura. As entradas para as diferentes actuacións poden adquirirse o día de cada función no despacho de billetes do Pazo da Cultura dúas horas antes do inicio desta, ou reservarse, habitualmente desde 15 días antes da celebración dos espectáculos, no teléfono 981704300 ou na Concellería de Cultura, situada no Pazo da Cultura. Existe un límite de catro entradas por persoa. Ademais, nalgúns espectáculos aplicaranse prezos reducidosa determinados colectivos, que deberán acreditar debidamente a súa circunstancia especial: estudantes con carnet de estudante, maiores de 65 anos e menores de 12 anos.

Compartir: