Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobadas licenzas para a construcción de...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobadas licenzas para a construcción de dous novos edificios en Carballo

Luns 22 de xaneiro do 2007

A Xunta de Goberno Local tamén adxudicou a obra Completar e reparar as beirarrúas nas rúas Rosas, Mirtos, Amapola e Dalias, a Construcciones Ponciano Nieto SL, no prezo de 43.634,82 euros, cun prazo de execución de dous meses, e a obra Afirmado de camiño Centeas-Oza, a Construcciones Ponciano Nieto SL, no prezo de 39.006,43 euros, cun prazo de execución de oito semanas. Na sesión ordinaria deste luns aprobouse tamén A Xunta de Goberno Local abordará, ademáis, a solicitude dunha subvención, á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, referente á axuda aos concellos para a promoción de iniciativas ambientais, en concreto para a compra de terros no entorno rústico do Río Anllóns, no bosque do Añón. A orde do día completouse coa aprobación do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Carballo para a participación na protección de núcleos rurais mediante a participación de traballos de prevención e defensa contra incendios forestais nas faixas de especial protección, ademáis da dación de conta do convenio para cesión de terreos para a ampliación de camiño existente no lugar da Brea-Carballo. A Xunta de Goberno Local aprobou tamén as bases do concurso de disfraces, comparsas e carrozas 2007, o circuito musical 4x4 e a programación dos Venres Culturais 2007.

Compartir: