Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo terá cobertura de...

MELLORAS NAS COMUNICACIÓNS

Carballo terá cobertura de telefonía móbil en todo o seu territorio

Venres 9 de setembro do 2005

Luis Lamas anunciou que "é moi probable" que na semana do 12 ao 16 de setembro Telefónica proceda á instalación destas novas emisoras. Os lugares nos que se van situar serán as parroquias de Sofán, Berdillo, Aldemunde, Entrecruces, Rus e Ardaña.

Esta nova actuación completa a realizada no mes de xuño deste ano, na costa de Razo, promovida tamén polo Concello coa intención de solucionar os problemas de cobertura que os residentes da zona e os usuarios das praias de Razo e Baldaio, estaban a denunciar dende había tempo.

Compartir: