Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os ‘Venres Culturais’ ofertan unha variada...

CULTURA

Os ‘Venres Culturais’ ofertan unha variada programación de música e teatro até abril

Xoves 18 de xaneiro do 2007

O resto de actuacións musicais, a desenvolver durante os próximos meses, contarán coa presenza do Grupo Maraya Zydeco, o Grupo Paganini Ensemble, Nordestin@s, Espido, Xabier Díaz, Marful e a Banda Municipal de Carballo. Polo que respecta ao teatro, visitarán Carballo compañías como Teatro do Atlántico, Teatro Español de Madrid, Mofa e Befa, A Factoría Teatro, Talía Teatro, Lagarta Lagarta e Vagalume Animación. Tres destas actuacións, dúas de teatro e unha de música, están incluidas no ciclo En Familia, dirixidas a un público infantil. A concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, manifestou na presentación que o programa busca a "calidade, diversidade de público e a presentación de espectáculos actuais no panorama teatral e musical".

Compartir: