Lingua

Lingua

Servizo de Normalización Lingüística 
[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 100 (ext.2750)
881 983 865 / 626 125 495
email: snl@carballo.gal

Ángeles Pacoret participou nunha xornada do Consello da Cultura Galega sobre o papel das librarías no futuro dos libros

A concelleira de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística centrou a súa intervención na Praza dos Libros

Sábado 15 de marzo do 2025

Cales son os retos do libro galego? Cales as súas apostas? Como de diversos os seus perfís? A que públicos lles falta por chegar? E, moi especialmente, que espazo teñen o lectorado e o libro galego nelas?

Estas son algunhas das preguntas ás que intentou responder a xornada As librarías, un ecosistema posible para o libro galego, organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG). A iniciativa contou con participación carballesa por partida dobre, xa que, por unha banda, a profesora e escritora Rosalía Fernández Rial encargouse da coordinación xunto con Montse Pena, e, pola outra, a nosa concelleira de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística, Ángeles Pacoret, foi unha das relatoras.

Ángeles Pacoret participou nunha mesa redonda coordinada por Montse Pena e orientada a amosar modelos de librarías que funcionan como espazos de cooperación. A concelleira compartiu espazo con María Pousa, coordinadora da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia, e Yaiza Peixoto, presidenta da Asociación Espazo de Lectura de Gondomar. A intervención da representante carballesa centrouse na Praza dos Libros e no papel imprescindible dos libreiros e as libreiras para o desenvolvemento da PLIC e para que o formato propio polo que leva apostando o Concello de Carballo desde o 2006 sexa un éxito ano tras ano.

No vídeo podes ver como foi a xornada.

Vídeos

Compartir: