Lingua

Lingua

Servizo de Normalización Lingüística 
[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 100 (ext.2750)
881 983 865 / 626 125 495
email: snl@carballo.gal

Arrinca a Liga da Regueifa de Carballo. Atréveste a participar?

Os sábados do mes de maio quedamos para regueifar nos bares!

Luns 29 de abril do 2024

A Concellaría de Normalización Lingüística dá un paso máis na promoción da regueifa entre a sociedade carballesa e bergantiñá. Ademais de impulsar a Escola de Regueifa do Concello de Carballo, que xa celebrou o seu primeiro ano de vida e que conta cada vez con máis alumnado de todas as idades, agora, a través do Servizo de Normalización Lingüística, convídate a participar na I Liga da Regueifa de Carballo.

A Liga da Regueifa consistirá nunha competición por parellas. Os terreos de xogo serán establecementos de hostalaría, en concreto, nesta primeira edición, O Mexillón, Mercado, Ranqui e A Cabaña, que acollerán as eliminatorias os sábados a partir das 20.00 horas.

Ademais de pasar un bo momento, para os gañadores e/ou as gañadoras teremos dous agasallos que non poden faltar nunha regueifa tradicional: pan de ovo nas disputas parciais e, por suposto, unha boneca para a persoa gañadora.

A que soa ben? Anímate e participa! Podes inscribirte ou, se o precisas, pedir máis información a través do enderezo electrónico snl@carballo.gal

Compartir: